A rexión central das terras altas colombianas estivo controlada por gobernantes muiscas cando os conquistadores españois chegaron á rexión. Estaban organizados nunha Confederación muisca, que tiña dous gobernantes; o zipa que era o gobernante da zona sur con capital Bacatá, hoxe coñecida como Bogotá, e o zaque que era o gobernante da zona norte con capital en Hunza, hoxe coñecida como Tunja.[1]